17/1/09

NOVIDADES DO 1º TRIMESTRE (xaneiro 2009)

Nestes días chegaron á biblioteca os seguintes libros:

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.
1. O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz, ed. Xerais (Premio Nacional de Literatura infantil e Xuvenil 2008).
Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián...todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, da ausencia, dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte.

2. Nunca seré tu héroe de María Menéndez Ponte.
É unha novela centrada na época da adolescencia, na que o seu protagonista, Andrés e o seu amigo Dani fan un conxuro que os inmunice contra os malos rollos da vida: pais, irmáns, compañeiros de clase, profesores, etc.

3. Conta Saldada de Suso de Toro.
Unha rapaza e o seu medio irmán tentan desentrañar as estrañas circunstancias da morte do pai. Este feito fará aflorar todo un remuíño de sentimentos neles e descubrirán que ningún dos dous é como pensaba que era. Mudarán as súas afirmacións persoais e empezarán a abrirse ao mundo e ver aos demais doutro xeito.

4. El niño con el pijama de rayas de John Boyne, ed. Salamandra.
Bruno, un neno de nove anos, múdase coa súa familia a unha casa xunto á unha cerca. Alí coñecerá a Shmuel e faranse amigos nun contexto cruel que eles aínda non alcanzan a comprender.

5. El señor de los ladrones
6. Voces Robadas
7. Fume
8. Harry Potter

9. Los hijos de Hurin de J.R.R. Tolkien, ed. Booket.
Trátase da edición ilustrada da novela póstuma de Tolkien, a que retorna ao tempo enue elfos, dragóns, homes e ananos aínda loitaban polo dominio da Terra Media. A horia m ionada en O señor dos aneis e en O Silmarillion.

10. A historia interminable

11. El curso que me enamoré de ti, de Blanca Álvarez, ed. Planeta & Oxford.
A chegada dun novo alumno procedente dun centro de acollida, convulsiona a vida dun centro escolar de clase acomodada. A actitude aberta de tres amigos que o acollen a protexen, esperta as iras dunha banda neonazi disposta a vingar a súa ousadía.

12. La enciclopedia de las aves de España.

No hay comentarios: